na terra desluada

A choiva agardou a que estivera só.

 

Pinga musical na vidueira

e dende cada folla chimpa

como se fora un xogo.

 

É a choiva antiga que xa coñezo,

mais non todo é doado, pois ela foxe

(é o seu ser), foxe como si fora allea,

dando paso á fría memoria

do home só.

 

 

Na terra desluada

(Espiral Maior, 2009)

59 pag.

ISBN: 9788492646050

Género: Poesía

 

 

poesía que, partindo de postura próxima ao clásico, achégase decididamente ao actual concepto da poesía como convite á reflexión, como necesidade de diálogo entre lector e escritor

(Xosé Manuel Eyré, A Nosa Terra)

Lo + reciente

Obra

timeline

Galería fotográfica

Contacto

Ricardo Martínez-Conde

Apartado de Correos, 48, 15780

Santiago de Compostela (A Coruña)

Email: ricardo.mconde@yahoo.com