lento esvaece o tempo

Quedei sorprendido moi positivamente da súa profunda naturalidade, da súa traballada sinxeleza -algo sempre arelado para todo poeta-, do seu eco nostálxico e acento metafísico -quero dicir, vivido cara adentro-. Todo moi ben resolto na consecución dun clima sobre todo captado a partir do poder suxeridor que transportan as imaxes. A memoria, a pedra, o tempo, a auga, metáforas de nós ó fin e ó cabo, son nestes poemas motivos estruturadores -recurrentes- que emprestan a unidade necesaria de voz ó seu conxunto.

[Do epílogo de Xesús Rabade Paredes]

 

Nos libros é onde nacen a paisaxe,

a muller,

as concepcións filosóficas.

Neles puxen gran parte da miña vida

para, con adicción, gaña-los seus froitos,

máis doados ca aqueles nacidos

baixo sospeita, ó amparo

de hipócritas asentimentos.

Non será, ben o sei, grande

a dita nin extensa a convicción,

máis a fraxilidade de canto acade

terá a beleza do perecederiro.

 

 

Lento esvaece o tempo

(Autor, 1990)

50 pag.

ISBN: 8440478879

Género: Poesía

Leer el libro en poesiagalegaorg

Lo + reciente

Obra

timeline

Galería fotográfica

Contacto

Ricardo Martínez-Conde

Apartado de Correos, 48, 15780

Santiago de Compostela (A Coruña)

Email: ricardo.mconde@yahoo.com