Martes 04 de diciembre de 2018
(Sotelo Blanco, 1993)
149 pag.
ISBN: 8478241558
Género: Haiku
Un fermoso libro este ORBALLO NAS CAMELIAS, un libro insólito no panorama da nosa lírica, un exercicio habilísimo e oportuno de novidade.
Poesía moi fondamente galega esta poesía xaponesa que Ricardo Martínez-Conde ofrece ó lector coma un galano desacougante. Falo para ti, lector: ¿non ves a Rosalía no fondo deste haiku?:
En cada noite
espera unha flor
que pregunta
[Fragmento do prólogo de Basilio Losada]
Pinga na fiestra.
Chegan os longos días
da mansedume
O río
non vai trista, quizais
relexionando
Zoa nas tellas
o vento mariñeiro
que pregunta